
Conversas na Ferrería #186: Black Friday na plataforma e-ponte.com
Xov | 21:00 | 21:36
Fai oito anos o comercio en España comezaba a lanzar as súas ofertas co chamado Black Friday; o pasado anos superaba o 90%. Ofertas no comercio en liña e presencial. Ante esa competencia internacional e de grandes compañías o comercio de proximidade tamén lanza as súas promocións.
Diso falamos con Yoya Blanco, concelleira de Promoción Económica en Pontevedra; Edelmiro Xusto, deseñador da plataforma telemática e-ponte.com; e Milo Castelo, propietario de Urban Culture Factory e participante na plataforma.