![Conversas na Ferrería #184: Galicia 'terra nai'](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/83b/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/5f996c4db6-radio-radio.jpg)
Conversas na Ferrería #184: Galicia 'terra nai'
Xov | 21:00 | 21:39
O pontevedrés Marcos Redondo atopou durante o confinamento o momento idóneo para materializar unha necesidade interna: plasmar o inxente patrimonio celta de Galicia. A ese propósito sumouse Miguel González que agora é o seu socio en 'Galicia the celtic mother land'.
O pasado setembro presentaron publicamente este audiovisual. Non lles deu tempo a dar o seguinte paso: a empresa Viaxes Inter Rías propúxolles convertelo nunha experiencia turística. Sairá este mes de novembro ao mercado en máis de oito mil puntos de venda e tamén participará nas cinco principais feiras europeas de turismo.