![Conversas na Ferrería #211: Galaico Sincro e un dúo mixto campión](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/446/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/62aa14d23a-a-radio-20220615-patxot-galaico-sincro-conversas-radio-6375.jpg)
Conversas na Ferrería #211: Galaico Sincro e un dúo mixto campión
Xov | 17:00 | 17:34
O Club Galaico Sincro de Pontevedra concluirá en xullo a súa tempada máis difícil polo peche da piscina de Pontemuíños. Recapitulamos sobre este exercicio no que tamén conseguiron presentar un dúo mixto alevín a un campionato. Un logro pioneiro na natación sincronizada galega.
Falamos co presidente do Club, Pepé Maquieira; a directora técnica, Diana Fernández e tamén participan os dous protagonistas: Clara Maquieira e Iván González. Para Iván, de dez anos, este foi o seu primeiro ano na natación sincronizada; Clara, de doce anos, practica este deporte desde os cinco.
Abordamos ademais a presenza masculina na natación sincronizada e preguntamos polas súas perspectivas para a seguinte tempada.
Fotografía: Mónica Patxot.