
Conversas na Ferrería #196: Violencia psicológica
Sab | 12:00 | 12:28
El libro 'A forza da voz. Unha historia real de maltrato psicolóxico' xurdiu como guión cinematográfico para a súa autora, Ana Navasquillo. Un proxecto que continúa para materializarse nunha longametraxe que xa ten nomes para o reparto como os de Juanjo Artero e Susana Béquer e que se completará con outros actores da provincia como Teté Delgado, Josito Porto ou David Seijo. O por que destes últimos ten que ver coa propia Navasquillo, xa que a súa ascendencia materna é pontevedresa e o propio ilustrador do libro é outro galego, Sergio Ribeiro.
Está acompañada de Beatriz González, psicóloga da Asociación Mum contra a Violencia de Xénero de Madrid, onde residen. Falan duns maltrato que adoita ser silencioso a pesar de "a forza da voz para facer dano", que se prolonga no tempo antes de chegar a un insulto ou ameaza, "que en moitas ocasións a vítima non identifica" e que se atopa con máis dificultades para denunciar, comentan.