![Conversas na Ferrería #217: O futuro da Escola de Canteiros](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/d60/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/63a1fd293f-2022-12-19-17.28.34.jpg)
Conversas na Ferrería #217: O futuro da Escola de Canteiros
Xov | 17:00 | 17:28
A Asociación de Canteiros de Poio fai unha chamada de atención ás administracións competentes sobre a xestión e futuro da Escola de Canteiros. O pasado xullo Xunta e Deputación rubricaron o protocolo para traspasar a titularidade da Escola á administración autonómica. Consideran que esta Asociación sería un interlocutor axeitado para canalizar a planificación formativa. Falamos con Manuel Sestelo e Javier Diéguez, presidente e vicepresidente da Asociación.