Conversas na Ferrería #218: Por que ter plantas?

Conversas na Ferrería #218: Por que ter plantas?

Ven | 19:00 | 19:32

O verde é a cor da esperanza e mellora o benestar. Nesta época do ano as plantas aumentan o estado de ánimo. E ademáis un estudo da NASA, a Axencia do Espazo Americana concluíu que hai unha variedade de plantas de interior que teñen a capacidade de purificar o ar. Así que pon unha planta na túa vida. 

Esperanza Otero e Ángela Ogando son dúas novas empresarias pontevedresas. Abriron un primeiro negocio nos exteriores da Praza de Abastos  dedicado á venda de sementes, plantas de horto e alimentación natural para mascotas. Nese establecemento viron que había un nicho de mercado na planta de interior e nelas centraron 'Plántate' na céntrica Oliva. Clara Redondo, compostelá, foi durante o confinamento de 2020 cando descubriu o seu lado 'plant lover'. Hoxe é creadora de contidos, plant shopper e recoñecida como plantitiscronica

Falamos con elas dos beneficios de coidar plantas na túa casa ou ter no traballo... e como facer que non as deixes esmorecer.

 

Conversas na Ferrería

 Todo é susceptible de charla. Ti tamén podes ser parte

Conversas na Ferrería #78 Contra os micromachismos

Xov | 21:00 | 21:50

Noemí Blas é presidenta da escuadra feminina  Buxa Motor Poio. Mar Piñeiro é xerente de Autocares Viuda e Cándido. Silvia García é decana de la Facultad de Bellas Artes.  Ana Belén Rial traballa na empresa Ferrovial - Cespa Servicios.

Descargar
Conversas na Ferrería #78 Contra os micromachismos

Conversas na Ferrería #77: Quince anos do Prestige

Xov | 21:00 | 22:03

As Conversas na Ferrería miraron esta semana aos 15 anos que se cumpren estes días do naufraxio e posterior afundimento do Prestige, dando lugar á catástrofe ambiental que provocaron as miles de toneladas que albergaba nas súas adegas.

Descargar
Conversas na Ferrería #77: Quince anos do Prestige

Conversas na Ferrería #39: Maternidade subrogada

Xov | 21:00 | 22:00

Conversas na Ferrería reúne cinco perspectivas sobre a maternidade subrogada: unha empresa que pon en contacto parellas e clínicas médicas; un xinecólogo, unha feminista, un pai adoptante e unha antropóloga experta en reprodución, adopción e subrogación.

Descargar
Conversas na Ferrería #39: Maternidade subrogada

Conversas na Ferrería #32: Inhalar cloretilo non é un xogo

Xov | 21:00 | 21:45

O cloruro de etilo é un composto que levan diversos "sprays fríos" que se utilizan en mediciña deportiva como anestésico local tras unha lesión. Detectouse en farmacias de Pontevedra que estes medicamentos rexistraron un aumento de demanda, por parte dos mozos, que os utilizan como sustancia dopante inhalándoos.

Descargar
Conversas na Ferrería #32: Inhalar cloretilo non é un xogo

Conversas na Ferrería #11: Perspectivas do sector turístico

Xov | 21:00 | 21:43

As previsións para o sector turístico en Pontevedra e por extensión en Galicia, avanzan un bo verán para o sector. Chequeamos con tres representantes do  mesmo estas perspectivas, así como os avances conseguidos e retos pendentes no turismo e a hostalería de Pontevedra.

Descargar
Conversas na Ferrería #11: Perspectivas do sector turístico
Fechar