![Conversas na Ferrería #223: Festival Eurovisión 2023](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/2df/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/645a7513ea-radio.jpg)
Conversas na Ferrería #223: Festival Eurovisión 2023
Mér | 17:00 | 18:29
Un ano máis convidamos a catro expertos na convocatoria do Festival de Eurovisión, Daniel Seijo (colaborador do Euroté), Luís Miguel Alonso, Paula Suárez e Antón Prieto. A cita neste 2023 é Liverpool, ante a imposibilidade de celebrarse en Ucraína. Desmenuzan a presente edición desde a celebración do Benidorm Fest, do que saíu a proposta gañadora con Blanca Paloma e o tema 'Eaea'. Tamén nos contan algúns cambios que se decidiron para o sistema de votacións, propostas que estiman teñen máis posibilidades de gañar e que apuntan este ano a unha repetidora no Festival, Loreen que representa a Suecia con 'Tatoo'.
Foto: Mónica Patxot