![Conversas na Ferrería #187: A publicidade do Nadal 2020](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/534/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/5fd24d2196-mpa09577-radio.jpg)
Conversas na Ferrería #187: A publicidade do Nadal 2020
Xov | 21:00 | 21:46
Volvemos a chequear as campañas do Nadal, que neste 2020 cambiaron en fondo e forma. Contamos nesta ocasión con Esther Bailón, socia de Era Comunicación e con Berta Nogueira, xerente de AB Comunicacións. Tras unha 'criba' inicial doce campañas pasan por este faladoiro.
Hai dúas opcións, as marcas que ignoran a pandemia e as que si fan referencia. Escoita este faladoiro e despois saca a túa conclusión. Podes deixar o teu comentario tamén. As campañas das que falamos son: Loterías e Apostas do Estado, Coca Cola, Suchard, Lidl, Ikea, Pescanova , Amazon, Navidul, Juguettos, Rua Vieja, Campofrío e Mutua Madrileña.