![Conversas na Ferrería #213: Feira taurina da Peregrina 2022 (II)](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/a62/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/62f3d6f315-62f39907b4-20220810-saiz-conversas-ferreria-previa-feria-taurina.jpg)
Conversas na Ferrería #213: Feira taurina da Peregrina 2022 (II)
Xov | 17:00 | 17:49
No segundo dos faladoiros taurinos con motivo da feira taurina da Peregrina, coñecemos detalles de como foi a venda de abonos e localidades con Servando Rodríguez, xerente da praza de touros. Tamén, e entre outras cuestións, Raúl Martínez, Alejandro Calvo e Juan Riveiro, presidente da Coordinadora de Penas Taurinas de Pontevedra, comentan como agardan penas e afeccionados o arranque destes festexos, que esperan dos carteis coa perspectiva do avance da tempada. E completa a charla a intervención do debutante no coso de San Roque, Tomás Rufo.
Fotografía: Cristina Saiz