Conversas na Ferrería #35: ¿Reciclar para pagar menos?
Xov | 21:00 | 21:35
En PontevedraViva Radio reunimos esta semana a catro presidentes veciñais e comerciais para coñecer a súa opinión sobre esa posibilidade anunciada polo Concello de Pontevedra de premiar aos barriois que mellor reciclen, e faríao cunha rebaixa no recibo do lixo. Convidamos a Carlos Diéguez, presidente da Asociación de Veciños de Monteporreiro, e pioneiros na compostaxe no municipio; Juan Loureiro de San José de Campolongo, que tamén se suma a poñer en marcha a iniciativa; Miguel Vilacoba, presidente da Federación de Veciños Teucro e Miguel Lago, presidente da Asociación Comercial Zona Monumental.
Os catro interlocutores coinciden en sinalar que esa hipotética rebaixa non será o que impulse aos cidadáns para sumarse á compostaxe. Miguel Vilacoba, por exemplo, apunta, que os beneficios dun sistema de xestión dos residuos como o que expón o Concello deberían ser para toda a poboación e penalizar a quen non reciclen. Exponse dúbidas sobre a "acollida" e posibilidade de localización que os composteiros terían nalgunhas zonas do centro urbano. Unhas circunstancias que foron totalmente favorables no barrio de Monteporreiro como expuxo Carlos Diéguez.