![Conversas na Ferrería #41: Maiores e novas tecnoloxías](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/bbb/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/58b84e9cc4-20170228-patxot-radio-conversas-001.jpg)
Conversas na Ferrería #41: Maiores e novas tecnoloxías
Xov | 21:15 | 21:52
O avó youtuber Juan José coa súa canle "AtrapaTuAbuelo" converteuse nun fenómeno da internet. É unha excepción ou nos pode sorprender o manexo e habilidade que os maiores teñen de móbiles, tablets, computadores ou internet?. Nas Conversas na Ferrería de PontevedraViva Radio charlamos sobre os maiores e as novas tecnoloxías. Acompáñannos Tamara Amado educadora social en Ategal; Noelia López, directora adxunta de Saraiva e Víctor Sariego, xornalista especializado en xerontoloxía e xeriatría.