![Conversas na Ferrería #155: Xogadores de petanca](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/407/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/5d67becad7-img_3351.jpg)
Conversas na Ferrería #155: Xogadores de petanca
Xov | 21:00 | 21:41
Os convidados das Conversas na Ferrería comezaron a xogar á petanca fóra de Pontevedra, en Francia, en Vigo e en Valencia. Deixaron, retomaron e iniciáronse na afección en diferentes momentos, pero a día hoxe son tres activos fundamentais na práctica deste deporte na cidade. Este próximo sábado 31 organizouse en colaboración co Concello a Festa da Petanca, na que poden tomar parte avezados xogadores, iniciados e mesmo novatos.