![Conversas na Ferrería #174: Alumnos do Colexio Froebel](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/b62/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/5e3be64e54-5e3b06fc40-20200204-saiz-visita-alumnado-ceip-froebel-0004.jpg)
Conversas na Ferrería #174: Alumnos do Colexio Froebel
Xov | 21:00 | 21:25
A redacción de PontevedraViva e o estudo de PontevedraViva Radio recibían esta semana a visita de alumnos de quinto curso de Primaria do CEIP Froebel desta capital. Tratábase dunha actividade complementaria aos contidos que están a aprender sobre medios de comunicación.
Neste caso puideron coñecer en primeira persoa que é un xornal dixital e tamén unha emisora online, poñéndose ademais diante dos micrófonos por primeira vez.