Conversas na Ferrería #199: Escolares do CEIP Praza de Barcelos (1)

Conversas na Ferrería #199: Escolares do CEIP Praza de Barcelos (1)

Dom | 17:00 | 17:38

PontevedraViva e PontevedraViva Radio concluíron o mes de novembro de forma concorrida. Estudantes de quinto e sexto curso de Primaria do CEIP Plurilingüe Praza de Barcelos de Pontevedra, visitaron esta redacción e este estudo de radio para coñecer en que consiste o traballo no xornalismo.

A través dun proxecto de excelencia académica da Xunta de Galicia, este alumnado traballou no último trimestre nun achegamento aos medios de comunicación, que concluíu con esta visita. Nunha primeira xornada, na que participaron cincuenta menores de quinto curso, Óskar Vieitez explicoulles cal é a función dun xornalista, como se organiza o traballo da redacción, como accede á información ó como se sostén economicamente un medio de comunicación.

Na segunda parte da visita, ao estudo de radio, tiveron ocasión de poñerse a un micrófono para gravar un podcast cos traballos que estiveron a preparar. Escolleron temas de calado social como a violencia de xénero, ou a igualdade entre homes e mulleres; así o fixeron Daniela Vaqueiro e Paula Matías ou Miguel Pérez e Diego Rodríguez. Tamén en referencia a perigos e utilidades das redes sociais, do que deron conta Noa Calvelo e Gael Barros; chamaron a atención sobre o cambio climático Inés Rodríguez e Lucía Pintos e centráronse en animais en perigo de extinción Sandra Capelo e Nadia Domínguez. 

Tamén compartiron ante os micrófonos as súas afeccións: Daniel Arizmendi, Pablo Canay e Hernán Balea traballaron conxuntamente para falar sobre a Grecia antiga; Pepe Medina e Millán Molina interviñan falando sobre as constelacións e Manuel Rodríguez sobre os golfiños. Candela Novas e Jimena Sartier falaron sobre a cantante e compositora Billie Eilish e Milagros Requeijo trouxo un texto sobre os cómics xaponeses.

E postos entre libros, Alba Garrido escolleu 'Verónica Torres rebélase contra o mundo' de María Menéndez-Ponte; Pedro Novas trouxo a saga de Harry Potter e á súa autora J. K. Rowlling e Anxo Gómez e Iker Cons 'A marabillosa viaxe de Nils Holgersson a través de Suecia' da autora sueca Selma Lagerlöf, primeira muller Premio Nobel de Literatura.

Brais Rodríguez lembrounos a chegada e presenza dun virus que nos trastornou a vida de sde 2020: o SARS- COV2, apuntando ademais dúas máximas fundamentais: "levar sempre a máscara e manter a distancia social". E por non faltar, non faltou ata consello de alimentación saudable con Lara Meijoeiro cunha explicación sobre as virtudes das berenxenas.

Conversas na Ferrería

 Todo é susceptible de charla. Ti tamén podes ser parte

Conversas na Ferrería #78 Contra os micromachismos

Xov | 21:00 | 21:50

Noemí Blas é presidenta da escuadra feminina  Buxa Motor Poio. Mar Piñeiro é xerente de Autocares Viuda e Cándido. Silvia García é decana de la Facultad de Bellas Artes.  Ana Belén Rial traballa na empresa Ferrovial - Cespa Servicios.

Descargar
Conversas na Ferrería #78 Contra os micromachismos

Conversas na Ferrería #77: Quince anos do Prestige

Xov | 21:00 | 22:03

As Conversas na Ferrería miraron esta semana aos 15 anos que se cumpren estes días do naufraxio e posterior afundimento do Prestige, dando lugar á catástrofe ambiental que provocaron as miles de toneladas que albergaba nas súas adegas.

Descargar
Conversas na Ferrería #77: Quince anos do Prestige

Conversas na Ferrería #39: Maternidade subrogada

Xov | 21:00 | 22:00

Conversas na Ferrería reúne cinco perspectivas sobre a maternidade subrogada: unha empresa que pon en contacto parellas e clínicas médicas; un xinecólogo, unha feminista, un pai adoptante e unha antropóloga experta en reprodución, adopción e subrogación.

Descargar
Conversas na Ferrería #39: Maternidade subrogada

Conversas na Ferrería #32: Inhalar cloretilo non é un xogo

Xov | 21:00 | 21:45

O cloruro de etilo é un composto que levan diversos "sprays fríos" que se utilizan en mediciña deportiva como anestésico local tras unha lesión. Detectouse en farmacias de Pontevedra que estes medicamentos rexistraron un aumento de demanda, por parte dos mozos, que os utilizan como sustancia dopante inhalándoos.

Descargar
Conversas na Ferrería #32: Inhalar cloretilo non é un xogo

Conversas na Ferrería #11: Perspectivas do sector turístico

Xov | 21:00 | 21:43

As previsións para o sector turístico en Pontevedra e por extensión en Galicia, avanzan un bo verán para o sector. Chequeamos con tres representantes do  mesmo estas perspectivas, así como os avances conseguidos e retos pendentes no turismo e a hostalería de Pontevedra.

Descargar
Conversas na Ferrería #11: Perspectivas do sector turístico
Fechar