![Conversas na Ferrería #195: Canteiros e Grao Técnico de Pedra Natural](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/f6f/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/612e840888-20210831-patxot-radio-cara-a-cara-1850-radio.jpg)
Conversas na Ferrería #195: Canteiros e Grao Técnico de Pedra Natural
Mér | 21:00 | 21:17
O Clúster do Granito xunto coa Consellería de Educación ofertarán para este próximo curso 2021-22 un Grao Técnico de Pedra Natural. Unha oferta formativa regrada inexistente ata a data para o sector e que segundo portavoces da Asociación de Canteiros de Poio - aínda que é benvida - vai poñer en xaque o futuro da Escola de Canteiros da Deputación de Pontevedra. Falan neste podcast Manuel Sestelo presidente da Asociación e Fran Sieiro, integrante da mesma.