
Carne Cruda #368
Mér | 10:00 | 11:11
43 obras de arte do Mosteiro de Sijena que estaban no Museo de Lleida volveron ao seu lugar de orixe en Aragón, en cumprimento da sentenza e no medio dunha polémica que converteu o caso noutro conflito político entre España e Cataluña que levou mesmo a decenas de manifestantes independentistas a enfrontarse aos Mossos para tentar evitar o traslado. Un conflito envolto en moitas falsidades e bulos que nos aclara o representante da plataforma civil Acción Pública para a Defensa do Patrimonio Aragonés Carlos Bitrián.
“Houbo un plan e un interese político por parte do Estado español para introducir heroína e con iso desactival a insurxencia social e armada en Euskal Herria? A epidemia de desolación e destrución que deixou ao seu paso o cabalo foi premeditada? É un antigo debate no que hai demasiadas opinións asentadas de antemán, o que frecuemente imposibilita un diálogo e unhas conclusións eficaces.”Así de directo é o libro “Aos pés do cabalo. Narcotráfico, heroína e contrainsurgencia en Euskal Herria” de Justo Arriola. Unha investigación que sinala ao estado e a súa implicación coas redes do tráfico de droga.
O programa complétase coa entrevista ao grupo Narco. Un dos referentes da música máis contundente que se fai no noso país e que nos presenta o seu novo disco “Espichufrenia”. Trallazos cargados de humor, ironía e crítica.