Carne Cruda #304
Mar | 10:00 | 11:11
Novo programa enfocado ao consumo. Cada vez que compramos algún produto emitimos un voto de confianza, apoiamos unha forma de produción e activamos unha cadea de abastecemento coa que beneficiamos a empresas que tal vez estean a contribuír ao abuso social, ambiental, económico, laboral, cultural e/ou político.
No presente século asistimos a un empoderamiento e unha evolución social determinante: a do consumidor. Da man da xornalista Brenda Chávez e o seu libro “ Tu consumo puede cambiar el mundo”, coñecemos de maneira práctica como o noso consumo pode crear fluxos de redistribución da riqueza máis xustos e éticos. Analizamos a actualidade cos mellores na materia. Novo capítulo do Debatuiter, sátira, política, humor e crítica en 140 caracteres.