Carne Cruda # 199
Mér | 12:00 | 13:22
O Brexit será o protagonista no programa deste mércores. As consecuencias políticas e económicas dunha decisión histórica na vida da Unión Europea. Contaremos con, entre outras expertas, Jule Goikoetxea, doutora en Filosofía, investigadora asociada da Universidade de Londres, Edimburgo e Lancaster e directora do Máster en Gobernanza e Estudos Políticos da Universidade do País Vasco e Adoración Guamán, profesora titular de Dereito do Traballo na Universitat de València, doutora en Dereito, licenciada en Ciencias Políticas e directora do master en Dereito Electoral e Observación Electoral Internacional.
Iñigo Sáez de Ugarte, subdirector de eldiario.es e experto en información internacional conmentará o Brexit xunto ao correspondente de The Times e The Daily Telegraph, Martin Roberts que nos darán algunhas das claves do futuro de Reino Unido.
O Señor Sanabria traeranos tres planazos para que a separación con Reino Unido resulte menos traumática e entender mellor ao pobo das illas. Un libro, unha película e unha canción con puro acento británico.