
Carne Cruda #561
Mér | 10:00 | 11:23
A contaminación é un dos maiores inimigos actuais para o planeta e para a saúde. A Organización Mundial para a Saúde (OMS) alerta de que causa millóns de mortes ao ano. Tamnén sinala á contaminación acústica como uno os factores ambientais que maior cantidade de enfermidades provoca e que afecta á saúde de polo menos un terzo dos europeos.
Carne Cruda fala con: Rocío Alonso del Amo e José Luis Santiago del Río, investigadores do Centro Investigaciones Energéticas, Medioambientales y Tecnológicas. César Asensio Rivera, do Grupo de Investigación en Instrumentación y Acústica Aplicada da Universidad Politécnica de Madrid.
Na sección de actualidade científica falan do premio Princesa de Asturias a Joanne Chory e Sandra Myrna Díaz pola súa loita contra o cambio climático a través das plantas. Na sección de Ciencia Diversa contan con Sassy Science, a primeira ‘ drag queen’ que divulga ciencia e coa que falan entre outras cousas do día internacional das persoas LGBTIQ+ en ciencia, o 4 de xullo.