
#283
Xov | 10:00 | 11:30
Desde que Trump é presidente, volvémonos a fixar nos muros, no que separa a EEUU de México concretamente, pero xa existía como existe o muro de Israel, o valo de Melilla e as fronteiras que non ven como o deserto de Arizona ou o Mediterráneo. Da arquitectura das fronteiras e a exclusión falaremos coa arquitecta Lucía Gutiérrez. Entrevistaremos a Pablo Irauburu director de Walls un documental que percorre distintos muros que separan o mundo. E Lula Rodríguez contaranos como loitan en PorCausa contra as mentiras sobre as migracións.
A banda Johnny B Zero chega desde Valencia para cruzar as fronteiras do rock co seu último traballo, Birds.