Carne Cruda #272
Mar | 10:00 | 11:36
Novo #CarneCrudaTour cargado de grandes entrevistas, humor e boa música. Goza do programa que gravamos o pasado 23 de febreiro no Compadre Barber´s Club de Madrid. Entrevistas coa artista Ouka Leele, que nos levou por un percorrido das correntes máis vangardistas da fotografía no noso país dos últimos anos. Tamén gozamos de xeito abondo cun Debatuiter protagonizado por Carlos Langa, Miguel Lago, @LaFeadelBaile, e The Real Mariano Rajoy, humor e crítica aceda concentrada en 140 caracteres.O programa acabou coa entrevista e actuación do músico Rayden, que nos presentaba o seu último disco "Antónimo". Un traballo cargado de letras políticas, bases metaleiras e moita poesía para este rapeiro multidisciplinar.