![Carne Cruda 13dic2021](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/fe4/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/61b384cf99-4318986c-e98d-4bb1-822b-12e845abbaa0_16-9-aspect-ratio_default_0.jpg)
Carne Cruda 13dic2021
Lun | 10:00 | 11:03
Xunto á Revista Salvaje analizan os movementos ciudadáns da España Vaciada que anunciaron a súadecisión de presentarse ás vindeiras eleccións xerais. Entrevistan a Antonio Saz, portavoz do movimento ciudadán Teruel Existe; a Toño Palomar, da plataforma Soria Ya!, e a Maribel Rescaldo, de Jaén Merece Más. Analizan os porques do desequilibrio territorial en España con Luis Antonio Sáez, profesor de economía e exdirector da Cátedra de Despoboación e Creatividade da Universidade de Zaragoza, valoran se é posible unha rebelión electoral con Ignacio Urquizu, sociólogo e profesor da Universidade Complutense e agora alcalde socialista no pobo turolense de Alcañiz.
Completan con 'Ecolóxica aplastante', a sección de Ecologistas en Acción dirixida por África Egido. (Imaxe: Revuelta de la España Vaciada)