Carne Cruda #174
Mar | 12:00 | 13:05
Este martes falamos de deporte con algunhas das mellores deportistas deste país, cuxa presencia en medios e recoñecemento é escaso a pesar dos seus logros. Con Javier Gallego 'ausente por gravación de disco' os Carniceiros Rocío Gómez e Manu Tomiño tomaron as rendas da carnicería no programa de hoxe.
Entrevistamos a Vero Boquete, a capitá da selección de fútbol nacional, primeira española en conseguir a Liga de Campións e unha das mellores do mundo. Carolina Marín, a primeira española en gañar un título mundial en badminton que acaba de gañar o Campionato Europeo e que a catro meses de competir nas Olimpíadas de Río quedou sen patrocinador.
Tamén estivo connosco Laura López, xogadora da selección de waterpolo, medalla de ouro no Campionato do Mundo de Barcelona 2013 e medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Londres en 2012 e elixida mellor xogadora da Copa da Raíña.