
Carne Cruda #497
Xov | 10:00 | 11:02
Carne Cruda quere contar un conto de nadal. Pero esta vez, o conto é real, e fala sobre a poquísimo coñecida historia da emigración española a EEUU a principios do século XX. E a conta nun formato innovador: cun documental sonoro, e en directo. Unha sesión de escoita en común, íntima e colectiva á vez. Unha viaxe á memoria para pensar como eramos cando viviamos a dureza das leis migratorias dunha maneira diferente,si, pero tamén parecida a quen trata de chegar ao noso país hoxe. Un documental sonoro de Isabel Cadenas Cañón, e unha produción de Carne Cruda e WhiteStoneRidge.
E presentan esta historia cun dos movementos migratorios máis destacados dos ultimos anos: as caravanas de migrantes que tentan chegar a EEUU. Desde a Capital do Imperio Carlos Pérez actualiza a súa situación desde Tijuana.