Carne Cruda #310
Mar | 10:00 | 11:30
Este mes de maio, estamos que nos saímos con CARNE CRUDA TOUUUUR!! E esta vez imos a Las Palmas de Gran Canaria. Entrevistamos á xuíza Victoria Rosell, membro de Xuíces para a Democracia e ex-candidata de Podemos ao Congreso dos deputados, referente pola súa loita contra a corrupción, pola defensa dos dereitos das persoas máis desfavorecidas e dos menores de idade.
Tamén coñecemos a loita e reivindicación da Plataforma polo peche dos CIE en Canarias, Canarias libre de CIE e subímonos ás táboas do teatro da man do escritor Antonio Lozano, nomeado a mellor autor revelación nos Premios MAX pola súa última obra “Los Malditos”, que tamén aspira ao MAX como mellor espectáculo revelación e deseño de espazo escénico. Un thriller co drama da inmigración de fondo.
A música en todo este programa especial poñeraa o grupo Red Beard, presentando o seu último disco "All or Nothing", ritmos sureños, anellos e rockeiros para completar unha noite redonda.