
Carne Cruda #316
Mar | 10:00 | 11:18
Novo programa de Carne Cruda, nesta ocasión entrevistamos a Pamela Palenciano e a Iván Larreynaga, autores do libro "Si es amor no duele" onde se recolle por escrito a experiencia de Pamela nunha relación de malos tratos e comparte cos lectores unha mirada crítica da idea do amor romántico e como nos afectan os roles de xénero. A autora percorre España co seu taller "No solo duelen los golpes", sensibilizando principalmente en colexios e institutos sobre os malos tratos.
Completamos o menú coa cantante arxentina Juana Molina, que presentará o seu novo disco Halo, un traballo cargado de ritmos hipnóticos que parecen sacar a súa enerxía de rituais inmemoriais; con exploracións tímbricas e paisaxes sonoras sempre cambiantes. Con letras misteriosas que a miúdo tocan a bruxería, a premonición e os soños, sempre utilizados como metáforas dos estados emocionais.