
Carne Cruda #377
Mér | 10:00 | 11:30
Falamos de videoclips que nos venden o soño da liberdade capitalista pero fannos máis escravos. Soan na Carnicería Maluma, Bruno Mars, o Gangman Style e mesmo o Despacito de Luís Fonsi. Volvémonos tolos? Quizais, pero emitimos música comercial na República Independente da Radio por unha boa razón: analizar os videoclips da música hexemónica.
Entrevistamos a Jon E. Illescas, doutor cum laude en Socioloxía e Comunicación pola Universidade de Alacante e autor de La dictadura del videoclip: industria musical y sueños prefabricados, unha exhaustiva investigación sobre o uso do videoclip por parte da clase dominante para implantar na mocidade valores e ideoloxía que axudan a manter o seu poder.