Carne Cruda #278
Mar | 10:00 | 11:06
Programa especial no Congreso de Xornalismo Dixital de Huesca. Este programa é posible gracias ao Congreso e OXFAM INTERMÓN, ós que damos as gracias por levarnos de excursión. Mulleres ao borde dun ataque de medios. Sobre a representación e o lugar que ocupan as mulleres nos medios. Por iso temos un programa co mellor da profesión a ambos lados do Atlántico.
De Argentina chega Luciana Peker, periodista e escritora, especializada en xénero, forma parte do colectivo NI UNA MENOS. Catalina Ruiz Navarro é directora e fundadora de (e)stereotipas: feminismo pop latinoamericano. Ana Requena, editora de Micromachismos no blog do eldiario.es. Magda Bandera, directora da revista La Marea, unha das poucas mulleres que dirice un medio en España. E Marcela Ospina, directora de comunicación de Oxfam Intermón.
Ademáis contaremos coa participación de Ana Pardo de Vera, directora de Público e Lucía Lijtmaer xornalista freelance e escritora, en maio publicará o seu terceiro libro “Yo también soy una chica lista”. Tamén teremos un ratiño para escoitar a unha rapera de Huesca que vai por libre repartindo crema da boa: si xa o dí o seu nome, ela é Cris Buenacrema e dos temazos de Noe and The Bobifaces.