Carne Cruda #244
Xov | 10:00 | 11:14
Novo capítulo de Carne Cruda antes de Nadal e facémolo cun suculento banquete encabezado polo actor Antonio de la Torre, nomeado ao premio Goya como mellor actor protagonista pola película Tarde para la ira e protagonista da recente Que Dios nos perdone. Un dos referentes da sétima arte dos últimos anos no noso país e que visita a carnicería para repasar as súas estreas e a situación do cinema en España.
Ademais o menú pre-do Nadal complétase cun “Cómo lo haces”.. A sección dedicada a coñecer a maneira en que se crean moitas das cousas que nos rodean. Nesta ocasión falaremos do videoxogo “Candle”. Realizado en acuarela e dunha brillantez visual asombrosa. Como postre O Señor Sanabria traeranos tres planazos para completar un programa que esperamos déixevos saciados pero con ganas de máis Carne Cruda.