Carne Cruda 13xun2022
Lun | 10:00 | 11:00
Carne Cruda desprázase ata A Coruña para facer un programa desde 'Acampa,encontropola paz e oudereito arefuxio' que nesta edición pon o foco na fame no mundo e a inseguridade alimentaria que a globalización multiplica.
Falan con Guillermo Fesser que presenta 'O monstro invisible', curtametraxe que dirixiu xunto ao seu irmán para Acción Contra a fame e conta a historia de Amiodin, un mozo de Filipinas que traballa nun vertedoiro; coa coordinadora de Acampa en Brasil,Célia Regina Rossi; cos fotógrafos Lys Arango que retratou as consecuencias da fame en Guatemala ou Ricardo García Vilanova que viaxou desde Siria ata Ucraína retratando a desigualdade; e con Diana Damián, coordinadora da ONG FOCA.
Despiden coa música en directo do dúo galego Laura LaMontagne & PicoAmperio.