
Carne Cruda #271
Xov | 10:00 | 11:10
Este xoves 23 de febreiro lembramos ás outras protagonistas da Transición, lembramos a onda de protesta dos últimos anos do réxime franquista participaron varios millóns de homes e mulleres, que se implicaron nas folgas obreiras, nas manifestacións veciñais, nas protestas estudantís, nos actos feministas e nas actividades doutros movementos máis reducidos como o pacifista e antimilitarista, o de liberación homosexual, o de discapacitados, o de presos comúns ou o ecoloxista. Falaremos con Gonzalo Wilhelmi, membro de CXT, autor tamén de “Romper el consenso. La izquierda radical en la transición española 1975-1982”, Marina Montoto, socióloga e autora da tese “El discurso hegemónico de la transición española: crisis y replanteamientos” e o xornalista Guillem Martínez.