#282
Mér | 10:00 | 11:17
Nun momento clave para conseguir a paz en Colombia queremos escoitar a sete mulleres fortes como un exército, sete colombianas que sempre viviron en guerra pero loitan pola paz coa palabra, a memoria, a xustiza e a reinserción como únicas armas. Elas son as protagonistas de Mujeres al frente, un documental rodado pola xornalista Lula Gómez que nos acompañará xunto con Patricia Guerrero, avogada e fundadora de Ciudad de las Mujeres.
E volve Barbijaputa, unha muller forte como un exército que chega coa súa Sección Feminazi ata gañar a batalla ao machismo.