
Carne Cruda #256
Xov | 10:00 | 11:15
Considerado o Mellor documental nos recentes Premios Forqué e nomeado aos Premios Goya, Nacido en Siria conta o éxodo dos refuxiados a través de sete nenos que fuxiron da guerra de Siria para tentar salvarse nunha Europa hostil. Durante un ano Hernán Zin percorreu 11 países para contar os abusos das mafias, os riscos de cruzar o Mediterráneo e a incerteza sobre un futuro cando chegan a un destino que lles nega o refuxio. Unha película na que sete nenos cóntannos que significa nacer en Siria.
Dunha viaxe polo horror do noso tempo a unha escapada á Illa dos Malditos, o Señor Tropical volve para darnos refuxios no seu paraíso underground. E Aitana Sánchez-Gijón envíanos unha mensaxe nunha botella coa súa muller de referencia nunha nova entrega de Las Otras.