![Carne Cruda 21xan2021](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/b41/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/60087520e3-bec87dfc-cb9d-4c80-8835-198b73640f13_16-9-aspect-ratio_default_0.jpg)
Carne Cruda 21xan2021
Xov | 10:00 | 11:00
Este xaneiro a factura da luz alcanzará os prezos máis altos desde xaneiro de 2002. Carne Cruda aborda a cuestión con Daniel Carralero, enxeñeiro Aeronáutico e membro do Observatorio Crítico da Enerxía; co xornalista da Marea Dani Domínguez e con algunhas das cooperativas que ofrecen subministración alternativa ao das grandes eléctricas. Tamén dá voz a asociacións veciñais e plataformas de barrios vulnerables que se unen para denunciar continuos cortes de luz que sofren desde hai anos.
Ademais, a crónica desde Washington sobre a toma de posesión de Joe Biden co xornalista Carlos Pérez Cruz.