Carne Cruda #201
Mar | 12:00 | 13:41
Este martes falamos da marca española "máis valiosa do mundo" segundo a lista Forbes que sinala ao seu creador: Amancio Ortega, como o segundo home máis rico do planeta. Estamos afeitos ver noticias positivas sobre o crecemento económico de Zara pero queremos analizar o modelo de traballo no que se basea. Para iso falaremos con María Graña e Pilar Rodríguez, dúas ex traballadoras da marca que protagonizan o documental Fíos Fóra, coordinado por Amarante Setem, asociación que busca unha alternativa aos abusos das grandes corporacións a través de campañas como Roupa Limpa como nos contará Nanda Cougaño