![Carne Cruda 07mar2022](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/6b1/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/622244326e-0204a282-1b8d-4c6a-b109-46c1c857f21c_16-9-aspect-ratio_default_0.jpg)
Carne Cruda 07mar2022
Lun | 10:00 | 11:07
Con Annabel Roda e 'Revista Salvaje' falan do lobo, un animal que segue provocando división e debate sobre cal debe ser a maneira de convivir con el; a través da reportaxe ‘El tiempo del lobo’ de Guillermo López e Carlos Serrano. Poñen exemplos co pastor Leandro Valle, de Quintana de Valdivielso en Burgos e con Jéssica López, propietaria dunha quesería de Sotres, en Asturias.
Entrevistan a unha das protagonistas da curtametraxe de WWF 'En tierra de lobos', Sofía González Berdasco, filla de pastores trashumantes e guía de montaña en Asturias e á súa codirectora, Ofelia de Pablo. Falan ademais co biólogo Julio Miajadasm da Fundación Entretantos que trata de abordar o conflito socioambiental ao redor do lobo.
E no episodio de 'Ecológica Aplastante' con África Egido falan dos efectos da contaminación en Europa. (Imaxe. Carne Cruda)