
Carne Cruda #566
Mar | 10:00 | 11:42
No Día do Refuxiado, Carne Cruda viaxou ata A Coruña para facer un programa en Acampa, un encontro pola paz e o dereito ao refuxio que, nesta edición, pon o foco na guerra contra as mulleres. Organizado por unha rede cidadá, esta terceira edición celebrouse nos Xardíns de Méndez Núñez que se converteron nun campo de refuxiados para facer presente a situación que viven millóns de persoas ao longo do mundo.
O programa dirixido por Javier Gallego gravouse coa música en vivo de SÉS presentando o seu novo disco, Rabia ao Silencio'. E o venres 21, Javier Gallego presentou o cómic 'Como si nunca hubieran sido', un poema ilustrado por Juan Gallego que denuncia a indiferenza de Europa fronte á mal chamada crise dos refuxiados.