
Carne Cruda #385
Mar | 10:00 | 11:39
A cantante e compositora Christina Rosenvinge estreou en acústico en Carne Cruda algúns dos temas do seu vindeiro disco "Un hombre rubio" nunha nova edición do espazo En Crudo y en Directo no Teatro Arlequín.
Esta tempada Carne Cruda sáese. Saímos do estudo para achegarnos ao noso público con este novo formato: En Crudo y En Directo. A entrevista íntima e a música espida mistúranse nun espectáculo moi persoal no que os artistas explican a orixe dos seus creacións e as vivencias que as motivaron e acaban espíndose tamén por dentro.
En Crudo y en Directo é unha das apostas que máis ilusión nos fai e que máis repercusión está a ter, ademáis de ser outro xeito de manter a nosa independencia. Esta é a nosa cuarta tempada sen emisora á marxe dos grandes grupos de comunicación. Carne Cruda é o primeiro programa de radio profesional deste país que comezou a financiarse coa axuda dos seus oíntes. A recadación do teatro é unha nova vía para seguir sendo sostibles unha tempada máis.