![Carne Cruda #578](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/7a4/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/5d836bd30a-alberto-san-juan-carne-cruda_ediima20190918_0392_20.jpg)
Carne Cruda #578
Xov | 10:00 | 11:18
Carne Cruda celebra as últimas rabexadas do verán en casa Coroa. Esta semana con Alberto San Juan que dirixe, interpreta e canta en 'Mundo Obrero', a súa última obra de teatro, a historia da clase traballadora contada por unha parella, un percorrido pola historia de España do último terzo do século XIX ata os nosos días.
Dun obreiro do teatro a un da música, un orfebre do son, o músico que demostra que non hai instrumento pequeno: cunha harmónica Antonio Serrano é capaz de percorrer o flamenco, o rock, o tango o jazz e a música clásica como demostra xunto á pianista Constanza Lechner, con quen presenta 'Clásicos Españoles y Argentinos'.