Rumboia: Carapaus

Rumboia: Carapaus

Mar | 20:00 | 20:09

No ano 2012 publícanse as Conservas de Música Tradicional, primeiro traballo discográfico de Os Carapaus. Un grupo versátil que fai a festa no turreiro, na corredoira, na praza ou dende o escenario. Naquela primeira proposta musical de Os Carapaus participaron: Emilio Lois, gaiteiro da Baña, mestre en numerosas asociacións de música e cultura tradicionais; Oli Xiráldez - frautas -, artesán e músico de longa traxectoria; Gustavo Couto (voz e tamboril), mestre de baile tradicional; Sabela Galbán (voz e acordeón), estudante de frauta traveseira no Conservatorio de Música Superior da Coruña, e Adrián Lareo (bombo e voz).

Rumboia

Martes ás 20.30 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar