Rumboia #107:  Tanto Nos Ten

Rumboia #107: Tanto Nos Ten

Mar | 20:30 | 20:42

Un total de tres traballos constitúen a produción discográfica de Tanto Nos Ten. O seu terceiro disco, 'Cortando fíos', foi publicado no ano 2019 cun total de 14 temas e coa intervención , como integrantes de TNT, de: Natalia Gómez, Alberto Sánchez, Adrián Lareo, Manuel Cruces, Josinho da Teixeira e Yoli Neira. Previamente, TNT xa tiñan publicado en 2013, 'Tanto nos ten' e en 2014 'Entre néboas'. Cualifican o xénero que practican como “música tradicional furtiva” e son auténtico detonante da festa alí onde tocan e cantan. O traballo 'Cortando fíos' pretende ser "un apoio a todos aqueles represaliados polo seu xeito de expresividade cultural, que deixa en evidencia a realidade na que vivimos".

Rumboia

Martes ás 20.30 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar