Rumboia #188: Lagharteiras

Rumboia #188: Lagharteiras

Mar | 20:30 | 20:43

O grupo de pandereteiras 'Lagharteiras' nace no ano 2007 en Vigo, co obxectivo de compilar, conservar e divulgar as músicas, cantos, instrumentos e vestiario tradicional galego. Dende a súa orixe está composto por mulleres cunha ampla traxectoria no eido da música tradicional. Son arredor dunha trintena de  premios os que avalan, tanto a súa traxectoria no mundo da música como a súa laboura  de recolleita e conservación do patrimonio musical galego.

É no ano 2015 cando presentan o seu primeiro disco 'Lagharteiras', froito de sete anos de recuperación e investigación da música de raíz galega. Con este traballo pretenderon amosar o traballo realizado durante os anos de existencia da agrupación.

Rumboia

Martes ás 19.00 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar