Rumboia #141: Mercedes Peón

Rumboia #141: Mercedes Peón

Mar | 20:30 | 20:42

Compositora, vocalista e instrumentista galega, Mercedes Peón é unha das artistas máis innovadoras do folk galego e europeo. Está considerada como unha das mulleres máis carismáticas do circuíto da world music actual.  Dende moi nova, percorreu os pobos máis recónditos de Galicia nunha incansable tarefa de recompilación dos cantos, música, bailes e tradicións do pobo galego co obxectivo de transmitilo despois ás novas xeracións.

Mercedes Peón gravou no ano 2000 o seu primeiro traballo como Solista, 'Isué', no que contou coas colaboracións de importantes artistas galegos como Xosé Manuel Budiño e Anxo Pintos. Neste primeiro disco Mercedes Peón mesturou a tradición das gaitas, a percusión e a súa poderosa voz  cun ton tan enérxico e forte que se converteu na identidade desta gran artista.

Rumboia

Martes ás 20.30 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar