Rumboia #196:TOR

Rumboia #196:TOR

Mar | 19:00 | 19:13

A tarxeta de presentación da banda ourensá TOR é un repertorio a base de popurrís ou sets de temas instrumentais orixinais tomados da tradición galega, con especial atención aos gaiteiros e músicos do interior. Un proxecto longamente madurado que viu a luz no 2018. Está formada por Felix Castro, encargado dos sons da concertina, acordeón diatónico e gaitas; Castor Castro nas frautas e buzuqui; Álvaro Iglesias no contrabaixo e Xosé Liz nas cordas do buzuqui, guitarra e mandolina.

Para a grabación do seu primeiro traballo discográfico contaron coas colaboracións de Pancho Álvarez ao violino, e Ángel Ruiz, ao Banjo. No seu espectáculo participan tamén en innumerables ocasións Soco Rúa á pandeireta e Lucía e David como parella de baile. Documéntanse no Arquivo Castro Vicente, centrados na frauta de madeira e acordeón diatónico, así como en estilos de toque de gaita de comarcas como A Limia, Frieiras ou Navia.

Sacaron o seu primeiro traballo discográfico en 2020, con nome homónimo, no que ofrecen once temas con orixes en moi diversos puntos da xeografía.

Rumboia

Martes ás 19.00 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar