Rumboia #214: Ailá

Rumboia #214: Ailá

Mar | 19:00 | 19:12

Ailá é unha proposta inspirada na música tradicional de transmisión oral. Fráguase nas máxicas noites de foliada na Casa das Crechas, a cal, ao baixar o pano, sempre daba acubillo para seguir facendo música. Esas sesións musicais nutríanse dun repertorio inspirado en arquivos sonoros, cancioneiros populares e gravacións musicais antigas ás que dábanlle forma e insuflaban vida.

Mergúllan no universo folk; ou "tradi", como prefiren denominalo eles, cuns impecables arranxos desde as recollidas históricas do saber musical popular. Isto, unido á peculiar formación composta por catro músicos, achegando unha nova sonoridade ao seu repertorio tradicional. Con esta nova proposta artística, tamén pretenden facer chegar a música de raíz ás xeracións máis novas, cunha linguaxe e sons máis próximos, sen perder a esencia.

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar