Rumboia #74: Lulavai

Rumboia #74: Lulavai

Mar | 20:30 | 20:42

Lulavai é un grupo musical galego, composto por catro mulleres que tocan a arpa celta e cantan. As súas integrantes son Paula Oanes, Lorena Reinaldo, Josefa Fernández, Elena Paz. No ano 2010 editaron o seu primeiro disco titulado 'A cor das verbas'. Non sería ata o 2015, cando aparecería o seu segundo traballo discográfico 'Lémbrame un soño'. Coñecéronse na Escola de Artes e Oficios de Vigo. Logo formarían parte da orquestra SonDeSeu, dirixidas por Rodrigo Romaní e a partir de ese momento nacería o proxecto de Lulavai, unha singular formación feminina na que as arpas e as voces teñen o total protagonismo.

Rumboia

Martes ás 20.30 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar