Rumboia #153: Crema de Gaita

Rumboia #153: Crema de Gaita

Mar | 20:30 | 20:42

Crema de gaita foi un grupo galego de música folk orixinario de Vigo, fundado no ano 1994. As súas composicións orixinais móvense no ámbito do folk galego, con influencia dos ritmos latinos coma o tango, o tumbao, os boleros, as habaneras ou a bossa nova. Os músicos que formaban de Crema de gaita eran Diego González e  Marcos Campos (gaita e frautas), Xosé Manuel López “Josele” (clarinete, saxo e gaita), Cristina Macías (teclados e voz), Ernesto Campos (guitarra), Judith Alonso (baixo), José Carlos Villar "Bouza" (percusión) e Suso "Feixón" Alonso (batería).

Crema de gaita apostou por un estilo orixinal e transgresor no que conflúen a música tradicional, a popular e a culta.  Esta conxunción musical foi froito da traxectoria dos membros do grupo en diferentes ámbitos, como as bandas de música, orquestras, formacións tradicionais galegas e conservatorios, e todo tipo de grupos jazz pop, rock, electrónica e de fusión.

 

Rumboia

Martes ás 19.00 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar