Rumboia #85: Alvariza

Rumboia #85: Alvariza

Mar | 20:30 | 20:41

Logo de once anos xuntos, o grupo Alvariza publicou no ano 2012 o seu traballo discográfico: 'Once badaladas', un disco no que interpretan outros tantos temas como os que define o propio titulo. Temas tradicionais reinterpretados con instrumentos como o acordeón, a gaita, o clarinete ou o saxo, mestúranse con composicións propias dos membros do grupo, mantendo un estilo rítmico e festeiro que inclúe boleros, ritmos ou jotas. Entre outros temas, hai pezas rescatadas de grupos como Os Padernes, Os Monfortinos ou os irmáns Lamas. Alvariza estaba formado naquel momento por: Xosé Manuel Cebeiro Fernández, bombo; Manuel Edreira Buela, caixa, tamboril; Anxo Rodeiro Francisco, gaita; Roberto Sánchez Barreiro, clarinete; Miguel González Rodríguez, clarinete; Manuel Cebeiro Fernández, saxo.

Rumboia

Martes ás 20.30 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar