Rumboia #94: Trim

Rumboia #94: Trim

Mar | 20:30 | 20:43

Cun traballo discográfico editado no ano 2014 baixo o selo Produción Cuarto Baleiro, presentábase o trío Trim. Unha formación composta polos galegos Pedro Fariñas e Fernando Barroso e polo portugués Luís Peixoto. Unha mistura da gaita con instrumentos de corda define o son característico deste grupo. Manteñen unha visión sempre actual  da música instrumental, con pezas de creación propia que se encadran dentro dunha inevitable referencia á música popular galega e portuguesa. A indiscutible traxectoria individual destes tres músicos provoca un son peculiar con certo aire innovador no panorama do folk.

Rumboia

Martes ás 20.30 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar