Rumboia #230: Acordeireta

Rumboia #230: Acordeireta

Mar | 19:00 | 19:11

Patricia González e Alejandro Balbuena forman AcordeiretaUn total de 15 temas compoñen este disco que leva por título 'Loitar cantando'. Recollen temas de músicos galegos e poesías que dan letra ás súas músicas. Lanzaron o seu primero traballo discográfico a finais de 2020, no arriscado momento da pandemia que todo o inundaba. Despois dunha longa traxectoria individual decidiron xuntar o acordeón e a pandeireta para divertirse, para seguir alimentando as súas almas polo gusto de transmitir un sentimento arraigado ás nosas raíces, por reivindicar temas sociais, por homenaxear con música a persoas queridas e admiradas e sobre todo, para dignificar a nosa lingua, a cultura galega.

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar